Napačna izbira? Nič za to! Ponujamo možnost vračila v 30 dneh
Z darilnim bonom ne morete zgrešiti. Obdarovanec lahko v zameno za darilni bon izbere karkoli iz naše ponudbe.
30 dni za vračilo blaga
Os Sonetos de Shakespeare son un dos cumios da poesía lírica de todosos tempos. As circunstancias que rodearon a súa publicación e aambigüidade no relativo á identidade e ao sexo dos destinatarios te?en servido de escusa a múltiples conxecturas que, se ben non contribúená comprensión dos sonetos, proban non obstante o continuo interese que desperta esta obra. Catrocentos anos despois de ver a luz, amodernidade destes textos segue resultando sorprendente, e o enfoquesingular do bardo de Stratford fai que fique neles para sempre un halo de misterio.Nos sonetos asistimos a unha sorte de representación dramática ondeunha voz meditativa vai debullando, en loita contra o tempo, osvaivéns do afecto e da paixón, da amizade e do amor, do anhelo e dodesengano. Nesa percepción múltiple do teatro dos sentimentos dansecita os motivos máis diversos, desde a visión da natureza até adenuncia social ou a procura dunha trascendencia alén da morte. RamónGutiérrez Izquierdo presenta esta versión exemplar dos Shakespeare´sSonnets acompa?ada de comentarios e notas sobre todos e cada un destes poemas, máscaras diversas do home das mil caras que foi WilliamShakespeare.