Napačna izbira? Nič za to! Ponujamo možnost vračila v 30 dneh
Z darilnim bonom ne morete zgrešiti. Obdarovanec lahko v zameno za darilni bon izbere karkoli iz naše ponudbe.
30 dni za vračilo blaga
Realízase un rápido percorrido pola traxectoria vital de Castelao situándoa no seu marco histórico, ofrécese unha concisa recensión das súas obras máis significativas e bosquéxase unha síntese das principais liñas do seu pensamento. Con este traballo, Henrique Monteagudo aspira a contribuír ao reforzamento da memoria colectiva da cidadanía galega mediante a divulgación do coñecemento dunha figura central na nosa historia contemporánea, en campos tan diversos como o pensamento, a política, as artes plásticas, a literatura e a defensa e ilustración do idioma. Ao tempo, ponse de vulto a súa achega fundamental á forxa de Galicia como nación, á reivindicación do seu autogoberno e dos intereses das clases populares, ao desenvolvemento da súa cultura nun paradigma de normalidade e modernidade e á configuración dun imaxinario colectivo, dunha identidade propia, amplamente partillada polo conxunto do país. A vida e a obra de Castelao, indisolublemente ligadas, fixeron del un mito popular que comezou a forxarse en vida, especialmente durante os durísimos anos do seu exilio, nas comunidades galegas da diáspora americana.
Pozdravljeni! Sem Libroamiko, vaš knjižni svetovalec.
Kako vam lahko pomagam?