Napačna izbira? Nič za to! Ponujamo možnost vračila v 30 dneh
Z darilnim bonom ne morete zgrešiti. Obdarovanec lahko v zameno za darilni bon izbere karkoli iz naše ponudbe.
30 dni za vračilo blaga
Unha amizade entrañable e a afección conxunta á poesía conciben e dan a luz ao primeiro fillo literario de dous autores noveles.A singularidade da súa obra reside en que reflicte con harmonía dous sentires diferentes, en dous estilos diferentes e dúas linguas diferentes. O título da mesma, EMOVERE, (raíz latina de "emoción"), representa o movemento. A intención destes dous poetas é esa: mover, remover, conmover aos lectores.O intimismo abrolla con delicadeza nestes versos, no medio da aspereza e automatismo cotiáns. Faino en aspectos cruciais, entre outros: o amor e os seus antónimos; a estéril fuxida do silencio; a dor anímica e existencial; a procura do equilibrio e paz; a inocencia dos meniños e a devoción á natureza, fonte inesgotábel de enerxía e inspiración.